Libraría especializada en banda deseñada, novela fantastica e de ciencia ficción.
Semana do Libro de Compostela 2019
Praza da Quintana, do 7 ao 16 de xuño
O Concello de Santiago de Compostela organiza a terceira Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector que así o soliciten. A participación poderá ser compartindo espazo e a tempo parcial para aquelas entidades que así o desexen ou ben por un só día no ‘espazo efémero’.
Quen pode participar
Poden participar as librarías, editoras, asociacións e proxectos ligados ao libro que teñan sede en Galicia. No caso das editoras e librarías terán prioridade as de Santiago de Compostela e a súa comarca.
Como participar
Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 15 e o 31 de marzo de 2019.
Condicións de participación
A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.
Fondos expostos
É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar, na medida do posible, as redundancias.
A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.
Editoras
As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.
Librarías
As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego. As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.
Espazos e tempos de participación
As entidades participantes poderán contar cun espazo individual de exposición ou compartido, se así o solicitan, que estará agrupado con outros tres para permitir a coordinación para a atención ao público. A participación poderá ser limitada no tempo a un ou varios días segundo o solicitado. Habilitarase un espazo ‘efémero’ para a presentanción de proxectos dun único día de duración.
Programación e actividades
As entidades e persoas que o desexen poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago, previa avaliación do grupo de traballo, quen elabore a axenda final en función da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.
Horarios
- Luns a venres: de 17:00 a 21:00 h.
- Sábados e domingos: de 11:00 a 21:00 h.
07/06/2019
08/06/2019
09/06/2019
10/06/2019
11/06/2019
12/06/2019
13/06/2019
14/06/2019
15/06/2019
16/06/2019
Alita cómics é unha libraría especializada en banda deseñada con orixe na Coruña en 2003 e que abriu as súas portas en Santiago no 2014. Poñemos especial énfase en dispor dunha boa selección de novelas gráficas e de obras de autores galegos. Ademais disto o noso catálogo abrangue cómic americano, europeo e manga. Traballamos coas principais editoriais de banda deseñada e a pesar da grande cantidade de novidades que se publican, tamén intentamos facer un oco a libros de menor difusión como poden ser fanzines autoeditados ou obras de pequenas editoriais.
Enderezo electrónico
Fondo de poesía en galego, castelán, catalán, asturiano e en linguas estranxeiras.
Libraría xeneralista establecida en Bertamiráns desde o ano 2006. Fondo galego, infantil e xuvenil, libro ilustrado, narrativa, ensaio, poesía...
Enderezo electrónico
Libraría especializada en benestar e saúde: terapias naturais, alimentación, horta ecolóxica, filosofía e pensamento, temas sociais, etc. Literatura tódalas idades.
A temática especialidade da libraría está representada por distintas editoriais: Fertilidad de la tierra (horta ecolóxica, asociación de cultivos, etc.); Océano Ámbar (terapias naturais, cosmética natural, alimentación); Urano (benestar en xeral e alimentación); Liebre de marzo (psicoloxía e benestar corporal); Trotta / Axóuxere / Milenium (filosofía e pensamento); Umoya (temas sociais / pensamento); RBA / Integral (Alimentación, reflexoloxía). O noso fondo inclúe tamén literatura infantil e xuvenil, novela e álbum ilustrado pertencentes a editoriais como Barbara Fiore, Pastel de Luna, Juventud, FCE, Media Vaca, Kalandraka, Oqo, Fulgencio Pimentel, Barafunda, Palabras Aladas, etc.).
Correo electrónico
Teléfono de contacto
981 57 25 67
Libraría especializada en literatura feminista, coeducativa e lgtb. Propoñemos bibliografía de mulleres autoras en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio desde a perspectiva de xénero.
Correo electrónico
Libraría con fondos de narrativa infantil, xuvenil e adultos.
Enderezo electrónico
Libraría con fondos de Narrativa, infantil xuvenil, comics, poesia, teatro.....Fondos de Positivas, xerais, galaxia, hercules, kalandraka, urco , oqo, alvarellos, nova galicia, sotelo blanco, apiario , chan da polvora, usc..........
Correo electrónico
Libraría especializada en Cinema, Música, Artes escénicas e Ensaio sobre arte e literatura.
Correo electrónico
Un espazo cultural cheo de mundos e historias para todos os públicos.
Contamos cun espazo polivalente onde facemos dende presentacións ata cursos de costura creativa, obradoiros variados, charlas, …