Semana do Libro de Compostela 2020, do 10 ao 18 de outubro

O Concello de Santiago de Compostela organiza a cuarta Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. A SELIC é unha semana de celebración arredor do libro, con actividades que invitan á participación de toda a familia. Por iso, mais aló das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro foméntanse actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas e talleres.

Quen pode participar

Poden participar as librarías, editoras, asociacións e proxectos ligados ao libro que teñan sede en Galicia. No caso das editoras e librarías terán prioridade as de Santiago de Compostela e a súa comarca.

Como participar

Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 15 e o 31 de marzo de 2020.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar, na medida do posible, as redundancias.

A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego. As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Espazos e tempos de participación

As entidades participantes poderán contar cun espazo individual de exposición ou compartido, se así o solicitan, que estará agrupado con outros tres para permitir a coordinación para a atención ao público. A participación poderá ser limitada no tempo a un ou varios días segundo o solicitado. Habilitarase un espazo ‘efémero’ para a presentanción de proxectos dun único día de duración.

Programación e actividades

As entidades e persoas que o desexen poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago, previa avaliación do grupo de traballo, quen elabore a axenda final en función da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

  • Sábado, domingo e luns: de 11:00 a 14:00 h. | 17:00 a 21:00
  • Martes a venres: de 17:00 a 21:00 h.

10/10/2020

11/10/2020

12/10/2020

13/10/2020

14/10/2020

15/10/2020

16/10/2020

17/10/2020

18/10/2020

CONSORCIO DE SANTIAGO

O Consorcio da cidade de Santiago de Compostela é o órgano executor do Real Padroado de Santiago, no que se materializa a cooperación institucional entre o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Creado en 1992, ten a condición de Entidade de dereito público de carácter interadministrativo, de titularidade municipal, con personalidade xurídica propia e con patrimonio propio.

Enderezo electrónico

jconde@consorciodesantiago.org

FUNDACIÓN ANSELMO LORENZO

A Fundación Anselmo Lorenzo é un centro documental e de estudos libertarios. Contamos co maior fondo documental e bibliotecario do movemento anarquista e obreiro a nivel internacional. Ao longo do estado español, as distintas sedes organizan actividades culturais e editoriais de distinta índole. O ensaio ocupa a maior parte do fondo, porén, contamos tamén co biografías, novelas e publicacións periodicas variadas.

Correo electrónico

compostela@cmt.gal

USC, SERVIZO DE PUBLICACIÓNS

A Universidade de Santiago de Compostela é a decana das universidades galegas. A de maior dimensión e cunha ampla panoplia de títulacións. Conta cun servizo de publicacións propio desde o que se edita un abondoso número de títulos de literatura científica producida maiormente polos seus investigadores/as e que abrangue os campos máis diversos da ciencia e as humanidades.

Enderezo electrónico

juanluis.blanco@usc.es