A SELIC presenta a súa cuarta edición, cargada de eventos e iniciativas culturais ao aire libre e de temática literaria

A Semana do Libro de Compostela volta un ano máis, esta vez na súa IV edición, cun programa de actividades que comezou o pasado sábado 10 de outubro e permanecerá ata o próximo domingo, día 18. Coma sempre, a exposición de librarías e editoriais irá acompañada dunha variedade de actividades que xiran en torno á literatura, con presentacións de libros, propostas infantís e actuacións musicais. 

A Semana do Libro de Compostela celebra a súa IV edición cun programa que comprende oito días cheos de actividades e eventos culturais de temática literaria. Dende o pasado sábado 10 de outubro, a cidade compostelá converteuse unha vez máis nun escenario no que a tinta e as páxinas das diversas autoras e autores danse a man para seren compartidas a través das diferentes propostas do calendario.

Programación 

Sábado 10

  • 12 – 13 h | Conversa Figuras masculinas de meio-corpo, de Antom Fortes. Participan, Antom Fortes e Luís Alonso
  • 12 – 13 h | Paseo guiado: Compoescenas. Paseo dramático polos escenarios teatrais de Compostela. Roi Vidal
  • 17 – 18.30 h | Sinatura do libro Os Minimortos: Benvido ao Outro Barrio de Ledicia Costas
  • 18 – 20 h | Paseo guiado Rosalía de Castro. Mercedes Espiño
  • 18 – 19 h | [Programación infantil]. Actividades para imaxinar e crear: Carapuchiña vermella en helicóptero
  • 18.30 – 19.30 h | Conversa con Xosé Carlos Carracedo Porto: “Desconfinando palabras”
  • 19 – 20 h | Literatura negra en Galicia
  • 20 – 20.45 h | Sinatura do libro Somos de Arxerís de Xosé Carlos Carracedo Porto
  • 20 – 21 h | Presentación: Presentación do libro Federico García Lorca en Santiago de Compostela. Alvarellos Editora.

Domingo 11

  • 12 – 12.40 h | [Programación infantil]. Contacontos: Verdemar
  • 12.30 – 13.15 h | Poesía performativa. Vermú baixo a Uralita
  • 18 – 19.15 h | Paseo guiado: “Federico García Lorca en Santiago”. Henrique Alvarellos.
  • 19 – 19.45 h | Música e literatura popular: Versos de cordel
  • 19.30 – 21 h | Palabra falada. Poetry Slam Compostela

Luns 12

  • 12 – 13.15 h | Obradoiro creativo. Adeus medo!! Obradoiro de creación de contos de personaxes valentes
  • 18 – 19.30 h | Paseo guiado: Carvalho Calero
  • 19 – 19.50 h | Performance literario – musical: Antón Fraguas e a memoria musical de Cotobade
  • 20 – 21 h | Mesa redonda “À volta de Ricardo Carvalho Calero” Participan: Pilar García Negro, Helena Miguélez-Carballeira, Henrique Monteagudo Romero, Elias Feijó Torres e Carlos Quiroga Díaz

Martes 13

  • 18 – 19 h | [Programación infantil] Actividades para imaxinar e crear: Literatura en collage
  • 18 – 19.30 h | Paseo guiado: Irmandades da Fala
  • 18 – 20 h | Conversa: “Iniciarse na publicación literaria” con Fernando M. Cimadevila
  • 19 – 20 h | Presentación da nova colección de libros musicais ZECA, aCentral Folque, cos autores Richi Casás (Fuliada na Vila) e Xico de Carinho (na Harmónica)
  • 19.30 – 21 h | Lançamento: Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza

Mércores 14

  • 18 – 19.15 h | [Programación infantil] Obradoiro creativo. “Palabras que crean”: Contoxogo Colectivo
  • 18 – 19.30 h | Paseo guiado: Isaac Díaz Pardo
  • 19 h – 20 h | Performance poética. Ouveos
  • 19.30 – 20.30 h | Presentación O Paraíso dos inocentes de Antón Riveiro Coello da editora Galaxia
  • 20 – 21 h | Coloquio. “A literatura sueca traducida ao galego”

Xoves 15

  • 17.30 a 20 h | Sinatura do libro As nosas letras de muller a muller de María Eiras, artista e directora de Mareiras Espazo de arte
  • 19 – 20 h | Aproximación ao proxecto expositivo e poético Nenas medrando, de Silvia García
  • 20 – 20.45 h | Presentación do libro de banda deseñada Carvalho Calero, coraçom de terra

Venres 16

  • 18 – 19.30 h | Paseo guiado: A Compostela Conspiradora. Manuel Gago
  • 18.30 – 19.30 h | [Programación Infantil]. Concerto de Pakolas
  • 19 – 20 h | Presentación. Sopas de toxo
  • 20 – 21 h | Presentación: Árbores no deserto (editorial Galaxia) coa autora Rosalía Fernández Rial e acompañada por Montse Pena Presas

Sábado 17

  • 12 – 13 h | [Programación familiar] Performance oral: Historias da tinta imaxinaria con Queco Díaz e Alba María
  • 12 – 13 h | Paseo guiado: A Compostela xeoliteraria. María López Sandez
  • 18 – 19 h | Paseo guiado polo Santiago Republicano. Miguel Paz Cabo
  • 20 – 21 h | A II República española na literatura francesa contemporánea; o caso da novela Morrerei outro día

Domingo 18

  • 10.30 – 12 h | Paseo guiado: Plantas silvestres aproveitables
  • 12.30 – 13.30 h | Presentación do libro Polo rego. A universidade do campo con Carme Freire, Rosendo Luís Estévez e Isidro Dozo (Catro Ventos Editora)
  • 12 – 12.45 h | Contacontos: Contacontos ilustrado do libro Leopoldo, o pequeno monstro, de Estefanía Padullés
  • 12 – 13 h | Paseo guiado: Compostela vermella. Arantza Portabales
  • 18 – 20 h | Paseo literario feminista por Santiago de Compostela: Verba manent con Andrea Nunes e Alba María
  • 19 – 19.45 h | Teatro – poesía: Presentación-representación Malcriada con Esther Carrodeguas e o pianista Velpister

Se queres coñecer máis información, coma os lugares nos que se realizará cada evento, non dubides en consultar a programación completa.

¡Agardámoste!

Hora / Lugar: 
Do 10 ao 18 de outubro. Podes consultar o lugar de cada evento na programación.