Semana do Libro de Compostela 2018
Praza da Quintana, do 1 ao 10 de xuño

O Concello de Santiago de Compostela organiza a Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Durante a primeira semana de xuño unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector, que así o soliciten, xunto cunha axenda programática que procurará transcender o expositivo para xerar propostas que sirvan de impulso para as iniciativas e proxectos colectivos que alí se xesten.

Quen pode participar

Poden participar as librarías e editoras de Galicia ainda que terán prioridade as de Santiago de Compostela.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

  • É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar as redundancias.
  • A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

  • As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego.
  • As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Programación

As editoras e librarías participantes poderán, de maneira voluntaria, propor actividades (presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións, etc) para a elaboración da programación xeral da SELIC, que en ningún caso recibirán retribución algunha por parte do Concello de Santiago de Compostela. A responsabilidade da celebración da actividade e da súa execución correrá a cargo de quen a propón, limitándose o Concello de Santiago a dispoñibilizar o lugar de celebración coas condicións infraestruturais que sexan precisas.

Espazos

A SELIC contará con espazos diferenciados para desenvolver as seguintes actividades: exposición de libros, presentacións, grupos de traballo e actividades infantís.

As entidades participantes contarán cun espazo individual de exposición dentro dun espazo maior compartido con outras duas ou tres entidades que permita a coordinación para a atención ao público.

Actividades

Haberá cinco tipos de actividades principais:

  • Grupos de traballo.
  • Presentacións.
  • Actividades infantís.
  • Obradoiros e rutas.
  • Sesións musicais.

As entidades participantes poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago quen elabore a axenda final en función das actividades propostas e da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

Os horarios de apertura serán os seguintes:

  • VENRES 1: de 17 a 21 h.
  • SÁBADO 2: de 11 a 21 h.
  • DOMINGO 3: de 11 a 21 h.
  • LUNS 4: de 17 a 21 h.
  • MARTES 5: de 17 a 21 h.
  • MÉRCORES 6: de 17 a 21 h.
  • XOVES 7: de 17 a 21 h.
  • VENRES 8: de 17 a 21 h.
  • SÁBADO 9: de 11 a 21 h.
  • DOMINGO 10: de 11 a 21 h.

OFF SELIC

Unha vez a carpa peche as súas portas celebraremos o venres 1, sábado 2, venres 8 e sábado 9 un espectáculo cada día na propia Praza aproveitando a carpa como fondo e as escaleiras da Quintana como auditorio natural. Será ás 21.30 h.

31/05/2018

01/06/2018

02/06/2018

03/06/2018

04/06/2018

05/06/2018

06/06/2018

07/06/2018

08/06/2018

09/06/2018

10/06/2018

A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Mesa pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respete o seu uso individual e colectivo.

Enderezo electrónico

amesa@amesa.gal

DARDO

Arte contemporánea, arquitectura, deseño.
DARDO é unha editorial especializada en arte contemporánea que expandiu o seu campo de cobertura á arquitectura e o deseño, a partir de libros e revistas que analizan as súas diferentes correntes e manifestacións editando libros sobre artistas, publicacións de carácter teórico ou de análise crítica do panorama actual, baseados en exposicións realizadas nos principais museos e centros de arte.

DARDO leva once anos editando a DARDOmagazine, unha revista especializada en arte contemporánea, arquitectura e deseño, editada en español e portugués, que acaba de ser merecedora de dous dos máis importantes premios de deseño, un nacional, o Anuaria de Oro á mellor publicación periódica, e tamén unha mención internacional dos premios CLAP á mellor publicación periódica.

Dentro da liña de DARDO sempre se prestou especial atención á arte galega, axudando a visibilidade dos nosos artistas no panorama internacional e traballando con eles en multitude de proxectos.

DARDO ven de inaugurar DIDAC, unha Fundación dedicada á difusión das artes e o deseño contemporáneos, desde a que esperamos difundir o traballo de moitos creadores e desde a que traballamos coas nosas publicacións e tamén as de institucións como o MAC de A Coruña, e unha serie de publicacións periódicas internacionais difíciles de atopar no noso territorio.

Enderezo Electrónico

EL PATITO EDITORIAL

Empresa creativa dedicada ao deseño, publicidade, audiovisual e editorial.

Enderezo electrónico

info@elpatitoeditorial.com

ORFEU NEGRO

Orfeu Negro adícase á edición de ensaios e outros traballos documentais no ámbito das artes contemporáneas, privilexiando a transversalidade do pensamento artístico nos territorios da danza, o teatro, o cine, a fotografía, a música, a arquitectura e as artes visuais.

Enderezo electrónico

info@orfeunegro.org

REVISTA CORALIA

Coralia presenta a actualidade desde unha perspectiva absolutamente contemporánea, con contidos e estética de calidade. A versión impresa ten unha periodicidade trimestral e contidos íntegros en galego.

Enderezo electrónico

info@coralia.gal

TRAFICANTES DE SUEÑOS

"Traficantes de Sueños" é un proxecto de producción e comunicación política que aspira a aportar contidos e animar debates útiles para a acción colectiva transformadora. Tamén é un proxecto de economía social, unha entidade sen ánimo de lucro e sen xefes, implicada no mercado social e no desenrolo de outra economía.

A librería está especializada en ensaio crítico para os movementos sociais e narrativas de outros mundos; é "asociativa" porque ten socios que se comprometen a facer un gasto mensual a cambio dun desconto. A editorial publica textos de fondo e de coxuntura con licenzas Creative Commons que permiten a libre copia e descarga; tamén se desenrola grazas aos sucritores, que por unha cota anual reciben todas as novidades e outros servizos. A distribuidora trae libros de outras partes do mundo e move textos de pequenas editoriais alternativas. O taller xenera deseños e materiais, sobre todo para outros proxectos da economía social. O proxecto "Nociones Comunes" abreu un espazo de autoformación e discusión sobre diversas temáticas imprescindible nos nosos días.

Enderezo electrónico

info@traficantes.net