Semana do Libro de Compostela 2019
Praza da Quintana, do 7 ao 16 de xuño

O Concello de Santiago de Compostela organiza a terceira Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector que así o soliciten. A participación poderá ser compartindo espazo e a tempo parcial para aquelas entidades que así o desexen ou ben por un só día no ‘espazo efémero’.

Quen pode participar

Poden participar as librarías, editoras, asociacións e proxectos ligados ao libro que teñan sede en Galicia. No caso das editoras e librarías terán prioridade as de Santiago de Compostela e a súa comarca.

Como participar

Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 15 e o 31 de marzo de 2019.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar, na medida do posible, as redundancias.

A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego. As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Espazos e tempos de participación

As entidades participantes poderán contar cun espazo individual de exposición ou compartido, se así o solicitan, que estará agrupado con outros tres para permitir a coordinación para a atención ao público. A participación poderá ser limitada no tempo a un ou varios días segundo o solicitado. Habilitarase un espazo ‘efémero’ para a presentanción de proxectos dun único día de duración.

Programación e actividades

As entidades e persoas que o desexen poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago, previa avaliación do grupo de traballo, quen elabore a axenda final en función da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

  • Luns a venres: de 17:00 a 21:00 h.
  • Sábados e domingos: de 11:00 a 21:00 h.

07/06/2019

08/06/2019

09/06/2019

10/06/2019

18:00 horas

11/06/2019

12/06/2019

13/06/2019

18:00 horas - 20:00 horas
18:00 horas
20:00 horas

14/06/2019

15/06/2019

16/06/2019

A GATA TOLA

Libraría especializada en banda deseñada, novela fantastica e de ciencia ficción.

Correo electrónico

gatatola@gmail.com

libreriasgatatola@gmail.com

ACENTRAL FOLQUE / EDITORIAL NOENTE PARADISE

Libros e discos sobre PATRIMONIO MUSICAL GALEGO e creadores musicais galegos contemporáneos.

Correo electrónico

almuinha@folque.com

ALITA CÓMICS

Alita cómics é unha libraría especializada en banda deseñada con orixe na Coruña en 2003 e que abriu as súas portas en Santiago no 2014. Poñemos especial énfase en dispor dunha boa selección de novelas gráficas e de obras de autores galegos. Ademais disto o noso catálogo abrangue cómic americano, europeo e manga. Traballamos coas principais editoriais de banda deseñada e a pesar da grande cantidade de novidades que se publican, tamén intentamos facer un oco a libros de menor difusión como poden ser fanzines autoeditados ou obras de pequenas editoriais.

Enderezo electrónico

santiago@alitacomics.com

 

ALVARELLOS EDITORA

Fondo propio cunha selección de 70 títulos do noso catálogo. Novidades e clásicos. Ensaio, fotografía, guías, poesía... Un apartado especial para libros sobre Compostela e presentación da nova Colección Verdemar de literatura infantil e xuvenil.

Enderezo electrónico

correo@alvarellos.info

AUGA EDITORA

O fondo editorial de Auga conta con títulos de divulgación de grande éxito, como A ciencia no punto de Mira (Jorge Mira), Vine, vi y…hablé! (María Xosé Porteiro), Mi cabeza me hace trampas (Carlos Mañas) ou Tratamientos naturales de urgencia (Javier Akerman) entre moitos.

Nos clásicos destacan as edicións de luxo de Longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro), Federica no era tonta (Eugenio Granell) e La Casa de la Troya (Pérez Lugín). Esta última tamén conta con versión de peto.

As novidades de Auga en 2017 son os contos ilustrados, para idades de 7 a 12 anos, Onde vai Carlos? – sobre a literatura infantil e xuvenil de Carlos Casares - Miguel, una cabrita y un sueño – no 75 aniversario da morte de Miguel Hernández – e Telma, Leire y los conejos mágicos, de X. A. Perozo, na colección Contar X Contar. Ao longo do ano incorporaranse a esta colección traballos de María Lado e Francisco López-Barxas, entre outros.

Como parceira do Premio Antón Risco de literatura fantástica, Auga comeza neste ano a colección de Novela Fantástica Pentalfa coa tradución ao castelán de Querido H.P. Lovecraft, de Antonio M. Fraga, obra gañadora da I Edición.

Enderezo electrónico

versatilservi@gmail.com

CARLOS MEIXIDE

As obras que presento son as seguintes:

Saga dos 'Cinco de Ons'

Novelas xuvenís de grande éxito entre a rapazada adolescente de Galicia. A serie está conformada polos seguintes títulos:

  1. ONS: Catro rapaces inician as súas vacacións na Illa de Ons. Mais o primeiro día, un arrepiante descubrimento na praia converterá o seu verán nunha aventura trepidante e inesquecíbel...
  2. CANS: Os cinco de Ons chegan ao festival de Cans para gozaren dunha fin de semana de amor, humor e, sobretodo, moito cine. O que non saben é que un acontecemento inesperado vainos converter nos protagonistas dunha excitante aventura que nos atrapará ata o final.
  3. GUITIRIZ: Os cinco de Ons chegan a Guitiriz para pasar a fin de semana no mítico festival de Pardiñas, mais un suceso inesperado vainos converter nos líderes dunha apaixonante revolta veciñas contra intereses escuros...
  4. AROUSA: Unhas vacacións na Illa de Arousa, unha atractiva moza francesa de visita nas Rías Baixas, unha renovada paixón de verán e a aparición misteriosa dun envelenador de cans son os ingredientes da aventura máis trepidante dos 'Cinco de Ons'

Novelas de adultos

  1. INGE E ROBBIE: Unha parella en crise nun país en crise. Unha parella holandesa pretende salvar a súa relación mediante unha viaxe de pracer a  Santiago de Compostela.
  2. A MEMORIA DOS MEUS PASOS: "Hai unha semana, Paula mandoume unha estraña mensaxe de whatsapp: 'Venme buscar, por favor. Necesito que sexas ti' e non volvín saber dela. Por iso estou aquí, no Porto, na súa procura, pero semella que a tragou a terra talmente”. Novela de intriga ambientada na cidade do Porto.

Obras editadas doutros autores

  1. BESTIARIO DO VESTIARIO de MARTIÑO SUÁREZ: Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos e espías da RDA. 'Bestiario de vestiario' xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.
  2. BESTIARIO DO VESTIARIO, SEGUNDO TEMPO de MARTIÑO SUÁREZ: Segundo volume desta popular colección.

Enderezo electrónico

carlosgmeixide@gmail.com

CHAN DA PÓLVORA

Fondo de poesía en galego, castelán, catalán, asturiano e en linguas estranxeiras.

EDICIÓNS FERVENZA

Publicamos libros coa seguinte temática: Narrativa, Teatro, Poesía, Infantil, Xuvenil, Música, convocamos o Concurso Literario "Balbino" de Relatos.

Correo electrónico

edicionsfervenza@gmail.com

EDICIÓNS POSITIVAS

Fondo editorial de EDICIÓNS POSITIVAS (Poesía, narrativa e ensaio). Son os chamados libros “positivos”, que teñen o seu aquel.

Enderezo electrónico

edicionspositivas@gmail.com

positivas@ediciosnpositvas.com

EDITORIAL GALAXIA

Editora cun amplo fondo xeral editado en galego coas seguintes coleccións:
Literaria (Literatura adulta)
Costa Oeste (Literatura xuvenil)
Árbore (Literatura infantil)
Dombate (poesia)
Soárbore (Album ilustrado con cd de música infantil)
Ensaio
Memoria (memoria histórica)

Correo electrónico

galaxia@editorialgalaxia.gal

EDITORIAL HUGIN E MUNIN

Editorial especializada na publicación de narrativa en tradución ao galego. Fondos propios: preto de 60 títulos de literatura estranxeira traducida ao galego

Correo electrónico

INFO@HUGINEMUNIN.COM

ALEJANDRO.TOBAR.SALAZAR@GMAIL.COM

HÉRCULES DE EDICIONES

Hércules de Ediciones é a principal das tres empresas editoriais e unha fundación cultural que conforman o Grupo Hércules Global. A empresa nace na Coruña en 1985 coa pretensión de impulsar a cultura galega a través de grandes obras de divulgación desde o rigor e a calidade. Xa en pleno século XXI, Hércules emprende novos retos e expande o seu radio de acción a través de dúas vertentes editoriais: por un lado, o “libro-obxecto” de gran formato, cunha esmerada parte gráfica e coidadísimas edicións. Por otro, a edición de libros de temas de actualidade e literatura infantil e xuvenil.
Coleccións: Novas lecturas de Hércules, Unidades Didácticas das Letras Galegas, Sen Fronteiras, Narrativa, Infantil-Xuvenil, etc…

Correo electrónico

sandra@herculesediciones.es

IRMÁS CARTONÉ

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de clásicos da literatura universal, entendendo por clásicas aquelas obras que, máis alá das vendas e a difusión, supuxeron un punto de inflexión na literatura.

Enderezo electrónico

info@irmascartone.com

KALANDRAKA

KALANDRAKA EDITORA vén de cumprir 21 anos de traxectoria editorial, especializada na publicación de libros infantís e xuvenís, tanto a través da recuperación de clásicos contemporáneos da LIX como de obras de nova creación; mais o catálogo dos ‘Libros para soñar’ tamén abrangue liñas complementarias para lectoras e lectores adultos con coleccións como Biblioteca de Teatro, Biblioteca de Pedagoxía, Narrativa K, a poesía de Tambo, o ensaio en Ágora K ou os textos sobre natureza de Vitamina N, entre outras. A canle de televisión dixital KALANDRAKA TV é un novo proxecto enfocado a xerar contidos informativos especializados no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil, que contribúa á promoción deste xénero e sexa unha ferramenta de formación para creadores, profesionais vencellados ao libro e á lectura, ademais das familias. A animación á lectura é outro dos piares da editorial, a través de iniciativas tan consolidadas como a Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, que xa vai pola súa 19ª edición, e que ademais é o marco no que se organiza anualmente o Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, que xa suma doce convocatorias. Galardoada co Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012, entre outros recoñecementos, KALANDRAKA publica en todas as linguas peninsulares, italiano e inglés, afincando así o seu compromiso coa multiculturalidade, coa educación en igualdade, coa tolerancia e co respecto ao medio, e coa vontade de facer libros que seduzan, conmovan, divirtan e perduren no tempo.

Enderezo electrónico

ricardorguez@kalandraka.com

LENDA

Libraría xeneralista establecida en Bertamiráns desde o ano 2006. Fondo galego, infantil e xuvenil, libro ilustrado, narrativa, ensaio, poesía...

Enderezo electrónico

librerialenda@mundo-r.com

LIBRARÍA AENEA

Libraría especializada en benestar e saúde: terapias naturais, alimentación, horta ecolóxica, filosofía e pensamento, temas sociais, etc. Literatura tódalas idades.
A temática especialidade da libraría está representada por distintas editoriais: Fertilidad de la tierra (horta ecolóxica, asociación de cultivos, etc.); Océano Ámbar (terapias naturais, cosmética natural, alimentación); Urano (benestar en xeral e alimentación); Liebre de marzo (psicoloxía e benestar corporal); Trotta / Axóuxere / Milenium (filosofía e pensamento); Umoya (temas sociais / pensamento); RBA / Integral (Alimentación, reflexoloxía). O noso fondo inclúe tamén literatura infantil e xuvenil, novela e álbum ilustrado pertencentes a editoriais como Barbara Fiore, Pastel de Luna, Juventud, FCE, Media Vaca, Kalandraka, Oqo, Fulgencio Pimentel, Barafunda, Palabras Aladas, etc.).

Correo electrónico

aenea@aenea.es

Teléfono de contacto

981 57 25 67

LIBRARÍA LILA DE LILITH

Libraría especializada en literatura feminista, coeducativa e lgtb. Propoñemos bibliografía de mulleres autoras en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio desde a perspectiva de xénero.

Correo electrónico

liladelilith@gmail.com

LIBRARÍA PALACIOS

Libraría con fondos de narrativa infantil, xuvenil e adultos.

Enderezo electrónico

palacios_reservas@hotmail.com

LIBRARÍA PEDREIRA

Libraría con fondos de Narrativa, infantil xuvenil, comics, poesia, teatro.....Fondos de Positivas, xerais, galaxia, hercules, kalandraka, urco , oqo, alvarellos, nova galicia, sotelo blanco, apiario , chan da polvora, usc.......... 

Correo electrónico

libraria@librariapedreira.com

MARÍA MEIJIDE FRAGA

María Meijide, artista plástica especializada en diarios gráficos e cartografías emocionais. As súas publicacións transitan do proceso pictórico a unha noción de texto. Son autoedicións moi coidadas, diarios en forma de caderno de viaxe, de corte facsimil e con un deseño que resalta o aspecto manufacturado do libro.

A súa temática aboga por una pulsión viva e colorista, de rastro autobiográfico. Trátase dunha narrativa cromática e emocional.

A filosofía que defende o seu statement é afín ao Do it yourself: arte contemporáneo inserido nunha economía real, que atopa na autoedición e nas feiras unha alternativa aos espazos mais restrinxidos do contexto expositivo contemporáneo institucional ou de galería. 

Publicacións:

DE USHUAIA A LA QUIACA, DE KUALA LUMPUR A BEIJING, MAPA EMOCIONAL DE COMPOSTELA, LIBROS DE ARTISTA ORIXINAIS, SERIGRAFÍAS, etc

Correo electrónico

soymariameijide@gmail.com

Webs

https://www.instagram.com/lameiji/