Novas

14/10/2020
Do 10 ao 18 de outubro. Podes consultar o lugar de cada evento na programación.

A Semana do Libro de Compostela volta un ano máis, esta vez na súa IV edición, cun programa de actividades que comezou o pasado sábado 10 de outubro e permanecerá ata o próximo domingo, día 18. Coma sempre, a exposición de librarías e editoriais irá acompañada dunha variedade de actividades que xiran en torno á literatura, con presentacións de libros, propostas infantís e actuacións musicais.