Semana do Libro de Compostela 2018
Praza da Quintana, do 1 ao 10 de xuño

O Concello de Santiago de Compostela organiza a Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Durante a primeira semana de xuño unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector, que así o soliciten, xunto cunha axenda programática que procurará transcender o expositivo para xerar propostas que sirvan de impulso para as iniciativas e proxectos colectivos que alí se xesten.

Quen pode participar

Poden participar as librarías e editoras de Galicia ainda que terán prioridade as de Santiago de Compostela.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

  • É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar as redundancias.
  • A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

  • As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego.
  • As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Programación

As editoras e librarías participantes poderán, de maneira voluntaria, propor actividades (presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións, etc) para a elaboración da programación xeral da SELIC, que en ningún caso recibirán retribución algunha por parte do Concello de Santiago de Compostela. A responsabilidade da celebración da actividade e da súa execución correrá a cargo de quen a propón, limitándose o Concello de Santiago a dispoñibilizar o lugar de celebración coas condicións infraestruturais que sexan precisas.

Espazos

A SELIC contará con espazos diferenciados para desenvolver as seguintes actividades: exposición de libros, presentacións, grupos de traballo e actividades infantís.

As entidades participantes contarán cun espazo individual de exposición dentro dun espazo maior compartido con outras duas ou tres entidades que permita a coordinación para a atención ao público.

Actividades

Haberá cinco tipos de actividades principais:

  • Grupos de traballo.
  • Presentacións.
  • Actividades infantís.
  • Obradoiros e rutas.
  • Sesións musicais.

As entidades participantes poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago quen elabore a axenda final en función das actividades propostas e da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

Os horarios de apertura serán os seguintes:

  • VENRES 1: de 17 a 21 h.
  • SÁBADO 2: de 11 a 21 h.
  • DOMINGO 3: de 11 a 21 h.
  • LUNS 4: de 17 a 21 h.
  • MARTES 5: de 17 a 21 h.
  • MÉRCORES 6: de 17 a 21 h.
  • XOVES 7: de 17 a 21 h.
  • VENRES 8: de 17 a 21 h.
  • SÁBADO 9: de 11 a 21 h.
  • DOMINGO 10: de 11 a 21 h.

OFF SELIC

Unha vez a carpa peche as súas portas celebraremos o venres 1, sábado 2, venres 8 e sábado 9 un espectáculo cada día na propia Praza aproveitando a carpa como fondo e as escaleiras da Quintana como auditorio natural. Será ás 21.30 h.

31/05/2018

01/06/2018

02/06/2018

03/06/2018

04/06/2018

05/06/2018

06/06/2018

07/06/2018

08/06/2018

09/06/2018

10/06/2018

NUMAX

Selección a partir do noso fondo de libros de Cinema, Música,
Artes escénicas e Ensaio sobre arte e literatura.

Enderezo Electrónico

A GATA TOLA

Libraría especializada en banda deseñada, novela fantastica e de ciencia ficción.

Enderezo Electrónico

 

ACENTRAL FOLQUE

Libros e discos sobre PATRIMONIO MUSICAL GALEGO e creadores musicais galegos contemporáneos.

Enderezo Electrónico

AENEA

Libraría especializada en benestar e saúde: terapias naturais, alimentación, horta ecolóxica, filosofía e pensamento, temas sociais, etc. Literatura tódalas idades.

A temática especialidade da libraría está representada por distintas editoriais: Fertilidad de la tierra (horta ecolóxica, asociación de cultivos, etc.); Océano Ámbar (terapias naturais, cosmética natural, alimentación); Urano (benestar en xeral e alimentación); Liebre de marzo (psicoloxía e benestar corporal); Trotta/Axóuxere/Milenium (filosofía e pensamento); Umoya (temas sociais/pensamento); RBA/Integral (Alimentación, reflexoloxía). O noso fondo inclúe tamén literatura infantil e xuvenil, novela e álbum ilustrado pertencentes a editoriais como Barbara Fiore, Pastel de Luna, Juventud, FCE, Media Vaca, Kalandraka, Oqo, Fulgencio Pimentel, Barafunda, Palabras Aladas, etc.).

Enderezo Electrónico

Teléfono

  • 981 57 25 67
ALITA CÓMICS

Alita cómics é unha libraría especializada en banda deseñada con orixe na Coruña en 2003 e que abriu as súas portas en Santiago no 2014.

Poñemos especial énfase en dispor dunha boa selección de novelas gráficas e de obras de autores galegos.

Ademais disto o noso catálogo abrangue cómic americano, europeo e manga.

Traballamos coas principais editoriais de banda deseñada e a pesar da grande cantidade de novidades que se publican, tamén intentamos facer un oco a libros de menor difusión como poden ser fanzines autoeditados ou obras de pequenas editoriais.

  • Novela gráfica: Ed. Astiberri,  Norma Editorial, La Cúpula, etc.
  • Cómic en galego e de autores galegos: Demo editorial, Astiberri, Ilarión, Kalandraka, etc.
  • Cómic americano de Marvel, DC e Vértigo: Panini cómics e ECC.
  • Cómic xaponés: Principalmente Ponent mon, Milkyway, Norma e ECC.

Enderezo Electrónico

ALVARELLOS EDITORA

Fondo propio cunha selección de 70 titulos do noso catálogo. Novidades e clásicos. Ensaio, fotografía, guías, poesía... Un apartado especial para libros sobre Compostela e presentación da nova Colección Verdemar de literatura infantil e xuvenil.

Hai 130 títulos no catálogo vivo actualmente.

Enderezo Electrónico

editor@alvarellos.info 

ATRAVÉS EDITORA

O próprio nome da editora indica umha vontade de ultrapassar a fronteira política, e muitas vezes mental, que separa a Galiza do resto da Lusofonia. Para nós, a aproximaçom da Galiza e os países de expressom portuguesa é a demonstraçom da via reintegracionista como válida para marcar um padrom galego atual e útil que permita aprofundar num verdadeiro processo de normalizaçom lingüística.

O nosso objetivo editorial centra-se na potencialidade da filosofia reintegracionista como saída viável para a recuperaçom e normalizaçom da língua galega na Galiza. Partindo desta focagem Através|Editora publica em galego internacional para os mercados de Portugal e Galiza, e se existir a possibilidade para o Brasil e os PALOP’s.

Enderezo Electrónico

AUGA EDITORA

Literatura Infantil e Xuvenil, divulgación, literatura. 

O fondo editorial de Auga conta con títulos de divulgación de grande éxito, como A ciencia no punto de Mira (Jorge Mira), Vine, vi y…hablé! (María Xosé Porteiro), Mi cabeza me hace trampas (Carlos Mañas) ou Tratamientos naturales de urgencia (Javier Akerman) entre moitos.

Nos clásicos destacan as edicións de luxo de Longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro), Federica no era tonta (Eugenio Granell) e La Casa de la Troya (Pérez Lugín). Esta última tamén conta con versión de peto.

As novidades de Auga en 2017 son os contos ilustrados, para idades de 7 a 12 anos, Onde vai Carlos? – sobre a literatura infantil e xuvenil de Carlos Casares - Miguel, una cabrita y un sueño – no 75 aniversario da morte de Miguel Hernández – e Telma, Leire y los conejos mágicos, de X. A. Perozo, na colección Contar X Contar. Ao longo do ano incorporaranse a esta colección traballos de María Lado e Francisco López-Barxas, entre outros.
Como parceira do Premio Antón Risco de literatura fantástica, Auga comeza neste ano a colección de Novela Fantástica Pentalfa coa tradución ao castelán de Querido H.P. Lovecraft, de Antonio M. Fraga, obra gañadora da I Edición.

Enderezo Electrónico

 

CHAN DA PÓLVORA

Fondo de poesía en galego, castelán, catalán, asturiano e en linguas estranxeiras.

Enderezo Electrónico

DINASTÍA MEIJI

Libros autoeditados: novelas, crónica deportiva, cadernos de viaxe, libro ilustrado, mapa ilustrado.

Enderezo Electrónico

carlosgmeixide@gmail.com

EDICIÓNS POSITIVAS

Fondo editorial de EDICIÓNS POSITIVAS (Poesía, narrativa e ensaio). Son os chamados libros “positivos”, que teñen o seu aquel.

Enderezo Electrónico

EDITORIAL GALAXIA

Editora cun amplo fondo xeral editado en galego coas seguintes coleccións:

  • Literaria (Literatura adulta).
  • Costa Oeste (Literatura xuvenil).
  • Árbore (Literatura infantil).
  • Dombate (poesía).
  • Soárbore (Album ilustrado con cd de música infantil).
  • Ensaio.
  • Memoria (memoria histórica).

Enderezo Electrónico

EDITORIAL HUGIN E MUNIN

Editorial especializada na publicación de narrativa en tradución ao galego. Fondos propios: preto de 60 títulos de literatura estranxeira traducida ao galego.

Enderezo Electrónico

 

EL FARO DE LOS TRES MUNDOS

El faro de los tres mundos nace en Lugo no ano 2011 co obxetivo de poñer a disposición dos clientes a mellor selección de contos e libros infantís e xuveiles así como xogos e xoguetes educativos que aporten un valor engadido para o desenrolo das futuras xeracións.

A cultura en forma de contos e xogos educativos supón inventir en formación á vez que axudar no crecemento persoal dos nenos e nenas dunha forma divertida fomentando a interacción entre pais e nenos e reforzando os vínculos entre ambos.

Enderezo electrónico

santiago@elfarodelostresmundos.com

HÉRCULES DE EDICIONES

Hércules de Ediciones es la principal de las tres empresas editoriales y una fundación cultural que conforman el Grupo Hércules Global. La empresa nace en A Coruña en 1985 con la pretensión de impulsar la cultura gallega a través de grandes obras de divulgación desde el rigor y la calidad.

Ya en pleno siglo XXI, Hércules emprende nuevos retos y expande su radio de acción a través de dos vertientes editoriales: por un lado, el "libro-objeto" de gran formato, con una esmerada parte gráfica y cuidadísimas ediciones. Por otro, la edición de libros de temas de actualidad y literatura infantil y juvenil.

Enderezo electrónico

info@herculesediciones.es

IRMÁS CARTONÉ

Irmás Cartone é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de clásicos da literatura universal, entendendo por clásicas aquelas obras que, máis alá das vendas e a difusión, supuxeron un punto de inflexión na literatura.

Enderezo Electrónico

LENDA

Venda de libros de autor.

Enderezo electrónico

librerialenda@mundo-r.com

LILA DE LILITH

Libraría especializada en literatura feminista, coeducativa e lgtb. Propoñemos bibliografía de mulleres autoras en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio desde a perspectiva de xénero.

Enderezo Electrónico

 

PALACIOS

Narrativa infantil, xuvenil e adultos.

Enderezo Electrónico

librería_palacios@hotmail.es

PEDREIRA

Narrativa, infantil xuvenil, comics, poesia, teatro.....Fondos de Positivas, Xerais, Galaxia, Hércules, Kalandraka, Urco , Oqo, Alvarellos, Nova Galicia, Sotelo Blanco, Apiario , Chan da Pólvora, USC...

Enderezo Electrónico