Benvido/a á SELIC

QUE É A SELIC?

A Semana do Libro de Compostela é o resultado de meses de traballo colaborativo entre o Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela.

Naceu o pasado ano, 2017, co obxectivo de atender as demandas e as necesidades de libreiros e editoriais da capital galega, e co reto de ir un paso máis alá das feiras do libro tradicionais. E neste 2018 celebra a súa segunda edición.

Queremos ter un espazo singular, con postos heteroxéneos que reflictan a diversidade do sector do libro de Santiago.

Queremos que a SELIC sexa unha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia. Por iso, máis alá das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro fomentaremos actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas, ou obradoiros. 

Porque Compostela é unha cidade inspiradora e literaria, e merece ter un gran evento que tamén o sexa.

Expositores Programa de actividades Libros