Semana do Libro de Compostela 2019
Praza da Quintana, do 7 ao 16 de xuño

O Concello de Santiago de Compostela organiza a terceira Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector que así o soliciten. A participación poderá ser compartindo espazo e a tempo parcial para aquelas entidades que así o desexen ou ben por un só día no ‘espazo efémero’.

Quen pode participar

Poden participar as librarías, editoras, asociacións e proxectos ligados ao libro que teñan sede en Galicia. No caso das editoras e librarías terán prioridade as de Santiago de Compostela e a súa comarca.

Como participar

Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 15 e o 31 de marzo de 2019.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar, na medida do posible, as redundancias.

A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego. As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Espazos e tempos de participación

As entidades participantes poderán contar cun espazo individual de exposición ou compartido, se así o solicitan, que estará agrupado con outros tres para permitir a coordinación para a atención ao público. A participación poderá ser limitada no tempo a un ou varios días segundo o solicitado. Habilitarase un espazo ‘efémero’ para a presentanción de proxectos dun único día de duración.

Programación e actividades

As entidades e persoas que o desexen poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago, previa avaliación do grupo de traballo, quen elabore a axenda final en función da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

  • Luns a venres: de 17:00 a 21:00 h.
  • Sábados e domingos: de 11:00 a 21:00 h.

07/06/2019

08/06/2019

09/06/2019

10/06/2019

18:00 horas

11/06/2019

12/06/2019

13/06/2019

18:00 horas
18:00 horas - 20:00 horas
20:00 horas

14/06/2019

15/06/2019

16/06/2019

NUMAX

Libraría especializada en Cinema, Música, Artes escénicas e Ensaio sobre arte e literatura.

Correo electrónico

libraria@numax.org

OS MUNDOS DE CARLOTA

Un espazo cultural cheo de mundos e historias para todos os públicos.
Contamos cun espazo polivalente onde facemos dende presentacións ata cursos de costura creativa, obradoiros variados, charlas, …

Enderezo electrónico

osmundosdecarlota@gmail.com

Webs

www.facebook.com/mundosdecarlota/

www.instagram.com/osmundosdecarlota/?hl=es

TULIPA EDITORA

Correo electrónico

tulipaeditorial@gmail.com

URCO EDITORA

Urco Editora está especializada na publicación literatura fantástica, de ciencia ficción e de terror. Ben sexa a través de obras senlleiras da literatura universal traducidas á nosa lingua ou ben con obras galegas para lectorado de todas as idades.
Alén das coleccións Tradución, Alcaián, Xuvenil e infantil nas que edita estes xéneros, Urco Editora acolle a colección Mulleres Bravas da nosa historia, libros para crianzas sobre mulleres galegas contadas sempre desde unha perspectiva de xénero.

Correo electrónico

davidcortizo@urcoeditora.com