Socias e socios da AGPTI que traducen literatura de xéneros diversos (novela, BD, álbum ilustrado...) e temáticas, abranguendo dende a tradución de clásicos ata as novidades do mercado actual.
Correo electrónico
Data
Venres 14 de Xuño de 2019
O Concello de Santiago de Compostela organiza a terceira Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector que así o soliciten. A participación poderá ser compartindo espazo e a tempo parcial para aquelas entidades que así o desexen ou ben por un só día no ‘espazo efémero’.
Poden participar as librarías, editoras, asociacións e proxectos ligados ao libro que teñan sede en Galicia. No caso das editoras e librarías terán prioridade as de Santiago de Compostela e a súa comarca.
Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 15 e o 31 de marzo de 2019.
A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.
É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar, na medida do posible, as redundancias.
A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.
As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.
As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego. As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.
As entidades participantes poderán contar cun espazo individual de exposición ou compartido, se así o solicitan, que estará agrupado con outros tres para permitir a coordinación para a atención ao público. A participación poderá ser limitada no tempo a un ou varios días segundo o solicitado. Habilitarase un espazo ‘efémero’ para a presentanción de proxectos dun único día de duración.
As entidades e persoas que o desexen poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago, previa avaliación do grupo de traballo, quen elabore a axenda final en función da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.
Socias e socios da AGPTI que traducen literatura de xéneros diversos (novela, BD, álbum ilustrado...) e temáticas, abranguendo dende a tradución de clásicos ata as novidades do mercado actual.
Venres 14 de Xuño de 2019
Catro Ventos S. Coop. Galega é unha cooperativa galega sen ánimo de lucro fundada en 2016 en Vigo e dedicada á publicación de obras en galego que cubran algún ou varios dos eixes temáticos seguintes: ecoloxía, consumo responsable, economía social, dereitos humanos, e crianza e educación alternativas.
Aspiramos a demostrar que principios como a equidade, as condicións xustas de traballo, a sustentabilidade económica e ambiental, a cooperación con outras entidades e o compromiso coa contorna (valores intrínsecos ao cooperativismo) son esenciais para transformar o mundo no que vivimos e avanzar cara a unha sociedade máis xusta. De conformidade con estes principios, a produción completa dos nosos libros faise en Galiza. Ademais, cremos que é esencial facelo en galego, defendendo o uso normalizado da nosa lingua para abordar cuestións de gran relevancia social, económica e ambiental.
O noso catálogo inclúe variedade de xéneros, desde narrativa e manuais prácticos, até ensaio e álbum ilustrado, e está conformado na actualidade (abril de 2019) por 13 títulos. Como cooperativa editorial formada por cinco persoas socias que tamén ofrece servizos editoriais (tradución e corrección lingüística, maquetaxe, deseño de portadas etc.), o noso catálogo vai avanzando pouco e pouco, pero con coherencia cos nosos principios e coa seguridade de achegar valores novos ao sistema literario galego. O plan de publicacións para 2019 inclúe catro obras máis nas que estamos traballando actualmente, e para o 2020 contamos cos dereitos de tradución para a publicación de cinco obras do alemán, o inglés e o italiano.
Sábado 15 de Xuño de 2019
CRISCRASCRUS é un proxecto de autoedición da autora Cristina F. Na SELIC formarían parte do noso stand os libros infantís: A flor máis fermosa, Pampaparampán, as láminas en branco e negro Pamparampinta. Tamén formará parte do noso stand o ensaio para adultos O Globo: autismo á décima potencia. E as láminas didácticas inspiradas nos contos de Mala Malona, da mesma autora: 4 caixas didácticas (unha por cada conto: Mala Malona... tiña tal boca, Mala Malona... tiña tal rabo, Mala Malona... tiña tal forza e Mala Malona... era tan negra) que inclúen 11 láminas a cor, 11 láminas en branco e negro para colorear e 10 láminas que combinan números e o texto do conto correscpondente.
Domingo 16 de Xuño de 2019
Sábado 7 de Xuño de 2019
Domingo 8 de Xuño de 2019