Formulario de participación na SELIC 2026

A participación como entidade ou persoa expositora é de balde e supón a aceptación das normas seguintes:

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Todas as expositoras deberán expor como mínimo un 80% de libros e materiais en galego.

As entidades que queiran compartir espazo con outras ou que só estean interesadas nunha participación parcial deberán indicalo.

Rematada a SELIC será obrigatorio cubrir o formulario de valoración que se achegue como condición para volver solicitar espazo en futuras edicións.

DATOS DA ENTIDADE
MODALIDADE DE PARTICIPACIÓN