Radio Selic

venres, 09 de Xuño de 2023

Gañadoras do Premio SELIC
Carmen Varela e Puri Cabido
Trazo de Xiz, tres décadas
Miguelanxo Prado
Lectura Fácil
Cristina Morales e Iago Fernández

sábado, 10 de Xuño de 2023

A casa do pai
Karmele Jaio e María Reimóndez
En clave de mar
Recital polos 50 anos de Urbano Lugrís en Compostela
Anne Carson sen Anne Carson
Jesús Castro, Oriana Méndez e Carlos Catena
Olga Novo + Su Garrido Pombo
Recital concerto de Feliz Idade e Patios de Luz

domingo, 11 de Xuño de 2023

Conto ao carón do río
Oihane Amantegi e Berta Dávila
Ser Cetáceo
F.X. Fernández Naval + Pulpiño Viascón
Torneo de Dramaturxia
Santiago Cortegoso, Esther Carrodeguas, Salvador del Río e Eva Vila

luns, 12 de Xuño de 2023

Bestiarios
Victoriano Nodar e Pablo Gallo
A vontade de cambiar
Conversa con Pepe Cabido
O pálpito interior
Eutropio Rodríguez e María Solar

martes, 13 de Xuño de 2023

Literatura a través de reels
Tamara P. Rodríguez, Adela Dios Touriñán e Nee Barros
COORDENADAS ‘23
Conversa con María Xosé Porteiro, Alberto Avendaño e Llerena Perozo
Ecos doutros Fisterres
Mauricio Chaves Bustos e “Kongo Kimbiza”

Audiolibro Liñas Paralelas

Descargar audiolibro completo

Por iniciativa da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago, e en colaboración coa Radio Galega, presentamos aquí a versión audio dalgúns dos relatos contidos na colección Liñas Paralelas, editados pola SELIC, na interpretación de Pepe Sendón e coa ambientación sonora de Marcos Teira, á guitarra, Nenoescuro (Rafa Xaneiro), á electrónica e Suso Alonso, ao piano. Gravación de voz, mestura, edición e masterización final realizadas por Antonio Vázquez.

Relatos:

  • 1. O vello terrible, de H. P. Lovecraft
    Pepe Sendón e Marcos Teira
  • 2. Un calendario vivo, de Anton Chekhov
    Pepe Sendón e Suso Alonso
  • 3. O mariñeiro de Amsterdam, de Guillaume Apollinaire
    Pepe Sendón
  • 4. Calor de agosto, de W. F. Harvey
    Pepe Sendón e Nenoescuro
  • 5. Unha noite de verán, de Ambrose Bierce
    Pepe Sendón e Marcos Teira
  • 6. Cyril Tourneur, de Marcel Schwob
    Pepe Sendón e Nenoescuro
  • 7. A historia dunha hora, de Kate Chopin
    Pepe Sendón
  • 8. Un fratricidio, de Franz Kafka
    Pepe Sendón e Nenoescuro
  • 9. Lembranza, de Marcel Proust
    Pepe Sendón e Suso Alonso
  • 10. Sredni Vashtar, de Saki
    Pepe Sendón e Nenoescuro

Sobre Liñas Paralelas

Unha sesión de Liñas Paralelas consiste na lectura pública dunha selección de relatos literarios con acompañamento musical. Comecei este proxecto o 7 de outubro de 2016 no Centro Cívico de Santa Marta, en Santiago. Deica hoxe levamos programadas preto de 50 sesións monográficas diferentes nas que interpretamos máis de 200 contos da literatura universal de todas as épocas. Moitas delas foron presentadas na Rede de Centros Cívicos do Concello de Santiago, a quen debo agradecerlle a oportunidade de achegar esta iniciativa a barrios e públicos diversos. Non sería posible sen a aposta decidida das concelleiras Branca Novoneyra e Concha Fernández. Debo agradecer tamén a permanente complicidade de Marcos Teira, Suso Alonso e Rafa Xaneiro por trazar a liña paralela musical que acompañou as miñas lecturas, e a Antonio Vázquez por darlle forma a estas gravacións.

O conto é un xénero amplísimo e cheo de sorpresas. Responde a unha necesidade comunicativa básica da humanidade: traducir a palabras un suceso, ou inventalo (vénche sendo o mesmo), durante o breve instante en que podemos contar coa atención dos demais. Tal vez na imaxe do mestre Rafael Dieste estea a súa mellor definición: «O conto é un remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas bolboretas, todas mergulladas na mesma luz.» Ao longo da historia, o relato escrito transcendeu esa primaria función narrativa e converteu ese remuíño nunha fonte de novidosos achados literarios. Como xénero, nada lle ten que envexar á novela. É outra cousa. Porén, nin todos os contos valen para seren lidos en público. Hai coutos técnicos, de estilo, de duración que o impiden. Nas escolmas que eu presento, escollo aqueles que se prestan a ser ditos, e mesmo tomo a liberdade —nota bene— de adaptalos lixeiramente a ese fin. E todo coa única intención de compartir a luz desa intensa lámpada que nos afasta da escuridade por uns instantes. O resultado dese intento é o que se pode escoitar aquí.

Saúde e boa audición.

Pepe Sendón