Desde a Dirección Artística teranse en conta todas as achegas e seleccionaranse as máis acaídas atendendo á temática ou obxectivo desa edición da SELIC e a cuestións técnicas e temporais. A responsabilidade da celebración da actividade e da súa execución correrá a cargo de quen a propón, limitándose a SELIC a ofrecer o lugar de celebración coas condicións técnicas necesarias que se indicaran no formulario no que se propuxo a actividade