Semana do Libro de Compostela 2017
Praza da Quintana, do 2 ao 11 de xuño

O Concello de Santiago de Compostela organiza a primeira Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Durante a primeira semana de xuño unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector, que así o soliciten, xunto cunha axenda programática que procurará transcender o expositivo para xerar propostas que sirvan de impulso para as iniciativas e proxectos colectivos que alí se xesten.

Quen pode participar

Poden participar as librarías e editoras de Galicia ainda que terán prioridade as de Santiago de Compostela.

Como participar

Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 21 de abril e o 2 de maio de 2017.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

  • É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar as redundancias.
  • A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

  • As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego.
  • As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Programación

As editoras e librarías participantes poderán, de maneira voluntaria, propor actividades (presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións, etc) para a elaboración da programación xeral da SELIC, que en ningún caso recibirán retribución algunha por parte do Concello de Santiago de Compostela. A responsabilidade da celebración da actividade e da súa execución correrá a cargo de quen a propón, limitándose o Concello de Santiago a disponibilizar o lugar de celebración coas condicións infraestruturais que sexan precisas.

Espazos

A SELIC contará con espazos diferenciados para desenvolver as seguintes actividades: exposición de libros, presentacións, grupos de traballo e actividades infantís.
As entidades participantes contarán cun espazo individual de exposición dentro dun espazo maior compartido con outras duas ou tres entidades que permita a coordinación para a atención ao público.

Actividades

Haberá cinco tipos de actividades principais:

  • Grupos de traballo
  • Presentacións
  • Actividades infantís
  • Obradoiros e rutas
  • Sesións musicais

As entidades participantes poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago quen elabore a axenda final en función das actividades propostas e da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

  • Venres 2 de xuño: de 16:00 a 22:00 h.
  • Sábado 3 e domingo 4 de xuño: de 11:00 a 23:00 h.
  • Luns 5 a xoves 8 de xuño: de 16:00 a 22:00 h.
  • Venres 9 e sábado 10 de xuño: de 11:00 a 23:00 h.
  • Domingo 11 de xuño: de 11:00 a 21:00 h.

21/03/2017

30/05/2017

02/06/2017

03/06/2017

12:00 - 12:45
17.30 - 19:00
17:30 - 19:30
18:30 - 19:00
21:00 - 22:00
22.30 - 24:00

04/06/2017

05/06/2017

06/06/2017

07/06/2017

08/06/2017

09/06/2017

10/06/2017

12 - 14:00
17:30 - 19:30
17:30 - 19:00

11/06/2017

AUDITORIO DE GALICIA

Organismo autónomo municipal creado en 1989 co obxectivo de ampliar a oferta cultural da cidade. Dende 1996 é a sede permanente da Real Filharmónica de Galicia, dirixida dende a súa fundación polo mestre alemán Helmuth Rilling, co compostelán Maximinio Zumalave como segundo director. Na tempada 2000/2001, a orquestra afronta unha nova andaina tendo á súa fronte ao mestre Antoni Ros Marbà. En xaneiro do 2013 pasa a ser director titular da Real Filharmónica de Galicia o británico Paul Daniel.

Enderezo electrónico

 

BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL

A Biblioteca Ánxel Casal é a biblioteca pública da cidade de Santiago de Compostela con amplos fondos sobre a cidade e xéneros diversos de interese xeral. Conta con recursos audiovisuais e dixitais.

Enderezo electrónico

BIBLIOTECA JOSÉ SARAMAGO

A rede de Centros Socioculturais conta cunha biblioteca en rede que leva o nome do premio nóbel de literatura José Saramago.

Enderezo electrónico

 

CONCELLO DE FERROL

Enderezo electrónico

CONCELLO DE SANTIAGO
CONSORCIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Consorcio da cidade de Santiago de Compostela é o órgano executor do Real Padroado de Santiago, no que se materializa a cooperación institucional entre o Goberno de España, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. Creado en 1992, ten a condición de Entidade de dereito público de carácter interadministrativo, de titularidade municipal, con personalidade xurídica propia e con patrimonio propio.

Enderezo electrónico

FUNDACIÓN GRANELL

A fundación Eugenio Granell ten como cometido o coidado, a difusión e divulgación da obra artística e creativa de Eugenio Granell.

Enderezo electrónico

MUSEO DO POBO GALEGO

Enderezo electrónico

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A Universidade de Santiago de Compostela é a decana das universidades galegas. A de maior dimensión e cunha ampla panoplia de títulacións. Conta cun servizo de publicacións propio desde o que se edita un abondoso número de títulos de literatura científica producida maiormente polos seus investigadores/as e que abrangue os campos máis diversos da ciencia e as humanidades.