Benvido/a á SELIC
QUE É A SELIC?
A Semana do Libro de Compostela é o resultado de meses de traballo colaborativo entre o Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela.
Naceu o ano 2017, co obxectivo de atender as demandas e as necesidades de libreiros e editoriais da capital galega, e co reto de ir un paso máis alá das feiras do libro tradicionais. Neste 2024 celebra a súa oitava edición.
O Festival da Lectura é un espazo singular, con postos heteroxéneos que reflicten a diversidade do sector do libro de Santiago.
Queremos que a SELIC sexa unha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia. Por iso, máis alá das presentacións e firmas de exemplares, o Festival da Lectura fomenta actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas, ou obradoiros.
Porque Compostela é unha cidade inspiradora e literaria, e merece ter un grande evento que tamén o sexa.