Semana do Libro de Compostela 2020, do 10 ao 18 de outubro

O Concello de Santiago de Compostela organiza a cuarta Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. A SELIC é unha semana de celebración arredor do libro, con actividades que invitan á participación de toda a familia. Por iso, mais aló das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro foméntanse actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas e talleres.

Quen pode participar

Poden participar as librarías, editoras, asociacións e proxectos ligados ao libro que teñan sede en Galicia. No caso das editoras e librarías terán prioridade as de Santiago de Compostela e a súa comarca.

Como participar

Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 15 e o 31 de marzo de 2020.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar, na medida do posible, as redundancias.

A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego. As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Espazos e tempos de participación

As entidades participantes poderán contar cun espazo individual de exposición ou compartido, se así o solicitan, que estará agrupado con outros tres para permitir a coordinación para a atención ao público. A participación poderá ser limitada no tempo a un ou varios días segundo o solicitado. Habilitarase un espazo ‘efémero’ para a presentanción de proxectos dun único día de duración.

Programación e actividades

As entidades e persoas que o desexen poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago, previa avaliación do grupo de traballo, quen elabore a axenda final en función da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

  • Sábado, domingo e luns: de 11:00 a 14:00 h. | 17:00 a 21:00
  • Martes a venres: de 17:00 a 21:00 h.

sábado, 10 de Outubro de 2020

12 h. - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19)
18.30 h - Fundación Eugenio Granell. Sala Didáctica.
19 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).
20 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).

domingo, 11 de Outubro de 2020

12 h - Fundación Torrente Ballester
12.30 h - Fundación Eugenio Granell – Sala Didáctica.
19 h - Xardíns de Fonseca (En caso de choiva: Fundación Torrente Ballester).
19.30 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19)

luns, 12 de Outubro de 2020

18 h - Xardíns de Fonseca.
19 h - Xardíns de Fonseca (en caso de choiva – Fundación Torrente Ballester).
20 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).

martes, 13 de Outubro de 2020

18 h - Fundación Torrente Ballester
18 h - Libraría Aenea (Rúa dos Irmáns Rey-Alvite, 3)
18 h - Xardíns de Fonseca
19 h - Fundación Eugenio Granell. Sala Didáctica.
19.30 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).

mércores, 14 de Outubro de 2020

18 h - Xardíns de Fonseca.
19 h - Xardíns de Fonseca (En caso de Choiva: Fundación Granell – Sala 2).
20 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).

xoves, 15 de Outubro de 2020

19 h - Xardíns Fonseca (en caso de choiva, Fundación Torrente Ballester)
20 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).

venres, 16 de Outubro de 2020

18 h - Igrexa de San Fiz de Solovio.
18.30 h - Libraría Pedreira.
19 h - Xardíns de Fonseca (En caso de choiva: Fundación Torrente Ballester).

sábado, 17 de Outubro de 2020

12 h - Xardíns de Fonseca (En caso de choiva: Fundación Granell – Sala Didáctica).
18 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).
20 h - Sede Afundación Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).

domingo, 18 de Outubro de 2020

10.30 h - Xardíns de Fonseca.
12 h - Comisaría de Policía de Santiago de Compostela.
19 h - Lavandería (Rúa Hortas). En caso de choiva: Fundación Torrente Ballester.