Semana do Libro de Compostela 2017
Praza da Quintana, do 2 ao 11 de xuño

O Concello de Santiago de Compostela organiza a primeira Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Durante a primeira semana de xuño unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector, que así o soliciten, xunto cunha axenda programática que procurará transcender o expositivo para xerar propostas que sirvan de impulso para as iniciativas e proxectos colectivos que alí se xesten.

Quen pode participar

Poden participar as librarías e editoras de Galicia ainda que terán prioridade as de Santiago de Compostela.

Como participar

Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 21 de abril e o 2 de maio de 2017.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

  • É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar as redundancias.
  • A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

  • As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego.
  • As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Programación

As editoras e librarías participantes poderán, de maneira voluntaria, propor actividades (presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións, etc) para a elaboración da programación xeral da SELIC, que en ningún caso recibirán retribución algunha por parte do Concello de Santiago de Compostela. A responsabilidade da celebración da actividade e da súa execución correrá a cargo de quen a propón, limitándose o Concello de Santiago a disponibilizar o lugar de celebración coas condicións infraestruturais que sexan precisas.

Espazos

A SELIC contará con espazos diferenciados para desenvolver as seguintes actividades: exposición de libros, presentacións, grupos de traballo e actividades infantís.
As entidades participantes contarán cun espazo individual de exposición dentro dun espazo maior compartido con outras duas ou tres entidades que permita a coordinación para a atención ao público.

Actividades

Haberá cinco tipos de actividades principais:

  • Grupos de traballo
  • Presentacións
  • Actividades infantís
  • Obradoiros e rutas
  • Sesións musicais

As entidades participantes poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago quen elabore a axenda final en función das actividades propostas e da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

  • Venres 2 de xuño: de 16:00 a 22:00 h.
  • Sábado 3 e domingo 4 de xuño: de 11:00 a 23:00 h.
  • Luns 5 a xoves 8 de xuño: de 16:00 a 22:00 h.
  • Venres 9 e sábado 10 de xuño: de 11:00 a 23:00 h.
  • Domingo 11 de xuño: de 11:00 a 21:00 h.

martes, 21 de Marzo de 2017

10:00 - Auditorio de Galicia, Avda. do Burgo das Nacións

martes, 30 de Maio de 2017

10:00 - Sala Zona "C". Rúa de San Domingos de Bonaval,1.

venres, 02 de Xuño de 2017

17:30 - Área de Presentacións
18:30 - Área de Presentacións
18:30 - Área de Presentacións
19:00 - Posto 3 - Tandaia
19:00 - Área de Presentacións
19:00 - Posto 18
19:30 - Área de Presentacións
20:00 - Área de Presentacións

sábado, 03 de Xuño de 2017

12:00 - Punto de encontro: local de DIDAC (Rua Pérez Costanti, 12)
12:00 - Praza da Quintana
17.30 - Punto de encontro na entrada do Museo das Peregrinacións e de Santiago ás 17.20 h
17:30 - Praza da Quintana
18:00 - Área de Presentacións
18:30 - Praza da Quintana
19:00 - Área de Presentacións
21:00 - Área de Presentacións
22.30 - Punto de encontro: Praza da Quintana. Totem SELIC

domingo, 04 de Xuño de 2017

12:00 - Punto de encontro: Praza da Quintana. Totem SELIC
12:00 - Teatro Principal
12:30 - Área de Presentacións
13:00 - Praza das Praterías
17:30 - Praza da Quintana
18:00 - Área de Presentacións
18:30 - Área de Presentacións
19:00 - Área de Presentacións
20:00 - Área de Presentacións

luns, 05 de Xuño de 2017

17:00 - Praza da Quintana
19:00 - Stand Nº10 Alvarellos Editora
19:00 - Área de Presentacións
19:30 - Área de Presentacións
19:30 - Praza da Quintana

martes, 06 de Xuño de 2017

mércores, 07 de Xuño de 2017

17:00 - Praza da Quintana
17:30 - Punto de encontro na entrada do Museo das Peregrinacións e de Santiago ás 17.20 h
18:00 - Área de Presentacións
19:00 - Área de Presentacións
19:30 - Área de Presentacións
20:30 - Área de Presentacións

xoves, 08 de Xuño de 2017

17:00 - Praza da Quintana
17:00 - Punto de encontro: Praza da Quintana. Totem SELIC
17:30 - Punto de encontro na entrada do Museo das Peregrinacións e de Santiago ás 17.20 h
17:30 - Área de Presentacións
18:00 - Área de Presentacións
20:00 - Área de Presentacións
20:00 - Salón de actos do Ateneo de Santiago. Praza Salvador Parga, 4-2º
20:30 - Área de Presentacións

venres, 09 de Xuño de 2017

11:00 - Área de Presentacións
17:00 - Praza da Quintana
17:30 - Punto de encontro na entrada do Museo das Peregrinacións e de Santiago ás 17.20 h
18:30 - Área de Presentacións
19:30 - Área de Presentacións
20:30 - Punto de encontro: Monumento a Rosalía de Castro da Alameda

sábado, 10 de Xuño de 2017

12 - Praza da Quintana
12:00 - Área de Presentacións
17:30 - Praza da Quintana
17:30 - Área de Presentacións
17:30 - Punto de encontro na entrada do Museo das Peregrinacións e de Santiago ás 17.20 h
18:00 - Área de Presentacións
20:00 - Área de Presentacións
20:30 - Área de Presentacións
21:00 - Área de Presentacións

domingo, 11 de Xuño de 2017

12:00 - Praza da Quintana
17.00 - Praza das Praterías
17:30 - Área de Presentacións
18:30 - Área de Presentacións
19:00 - Área de Presentacións

xoves, 15 de Xuño de 2023