Paseo guiado: A Compostela Conspiradora. Manuel Gago

Data: 
venres, 16 Outubro, 2020
Hora Inicio: 
18 h
Hora Fin: 
19.30 h
Lugar: 
Igrexa de San Fiz de Solovio.

Santiago de Compostela non é só un apracible destino espiritual. Ao longo da súa historia, a cidade xogou un importante papel como actor político do poder... e do contrapoder. Este paseo quiado explora os escenarios nos que se desenvolveron as tremoias (máis ou menos) discretas coas que os poderosos, grupos de presión, sociedades secretas e revolucionarios de toda facción tentaron influír nos destinos deste reino (e doutros). Teremos de todo, como en botica: revoltas, invasións, asasinatos, complots, atentados, montaxes, conxuras e un amplo mostrario de maquiavelismos. Unha partida de xadrez que se leva xogando no taboleiro urbano de Compostela durante máis de mil anos.

Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).