Libraría especializada en banda deseñada, novela fantastica e de ciencia ficción.
Enderezo Electrónico
O Concello de Santiago de Compostela organiza a primeira Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Durante a primeira semana de xuño unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector, que así o soliciten, xunto cunha axenda programática que procurará transcender o expositivo para xerar propostas que sirvan de impulso para as iniciativas e proxectos colectivos que alí se xesten.
Poden participar as librarías e editoras de Galicia ainda que terán prioridade as de Santiago de Compostela.
Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 21 de abril e o 2 de maio de 2017.
A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.
As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.
As editoras e librarías participantes poderán, de maneira voluntaria, propor actividades (presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións, etc) para a elaboración da programación xeral da SELIC, que en ningún caso recibirán retribución algunha por parte do Concello de Santiago de Compostela. A responsabilidade da celebración da actividade e da súa execución correrá a cargo de quen a propón, limitándose o Concello de Santiago a disponibilizar o lugar de celebración coas condicións infraestruturais que sexan precisas.
A SELIC contará con espazos diferenciados para desenvolver as seguintes actividades: exposición de libros, presentacións, grupos de traballo e actividades infantís.
As entidades participantes contarán cun espazo individual de exposición dentro dun espazo maior compartido con outras duas ou tres entidades que permita a coordinación para a atención ao público.
Haberá cinco tipos de actividades principais:
As entidades participantes poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago quen elabore a axenda final en función das actividades propostas e da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.
Libraría especializada en banda deseñada, novela fantastica e de ciencia ficción.
Alita cómics é unha libraría especializada en banda deseñada con orixe na Coruña en 2003 e que abriu as súas portas en Santiago no 2014.
Poñemos especial énfase en dispor dunha boa selección de novelas gráficas e de obras de autores galegos.
Ademais disto o noso catálogo abrangue cómic americano, europeo e manga.
Traballamos coas principais editoriais de banda deseñada e a pesar da grande cantidade de novidades que se publican, tamén intentamos facer un oco a libros de menor difusión como poden ser fanzines autoeditados ou obras de pequenas editoriais.
Libros autoeditados: novelas, crónica deportiva, cadernos de viaxe, libro ilustrado, mapa ilustrado.
Llibraría especializada en benestar e saúde: terapias naturais, alimentación, horta ecolóxica, filosofía e pensamento, temas sociais, etc. Literatura tódalas idades.
A temática especialidade da libraría está representada por distintas editoriais: Fertilidad de la tierra (horta ecolóxica, asociación de cultivos, etc.); Océano Ámbar (terapias naturais, cosmética natural, alimentación); Urano (benestar en xeral e alimentación); Liebre de marzo (psicoloxía e benestar corporal); Trotta/Axóuxere/Milenium (filosofía e pensamento); Umoya (temas sociais/pensamento); RBA/Integral (Alimentación, reflexoloxía). O noso fondo inclúe tamén literatura infantil e xuvenil, novela e álbum ilustrado pertencentes a editoriais como Barbara Fiore, Pastel de Luna, Juventud, FCE, Media Vaca, Kalandraka, Oqo, Fulgencio Pimentel, Barafunda, Palabras Aladas, etc.).
Fondo de poesía en galego, castelán, catalán, asturiano e en linguas estranxeiras.
Libraría especializada en literatura feminista, coeducativa e lgtb. Propoñemos bibliografía de mulleres autoras en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio desde a perspectiva de xénero.
Narrativa, infantil xuvenil, comics, poesia, teatro.....Fondos de Positivas, Xerais, Galaxia, Hércules, Kalandraka, Urco , Oqo, Alvarellos, Nova Galicia, Sotelo Blanco, Apiario , Chan da Pólvora, USC...