Libraría especializada en literatura feminista, coeducativa e lgtb. Propoñemos bibliografía de mulleres autoras en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio desde a perspectiva de xénero.
Semana do Libro de Compostela 2017
Praza da Quintana, do 2 ao 11 de xuño
O Concello de Santiago de Compostela organiza a primeira Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Durante a primeira semana de xuño unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector, que así o soliciten, xunto cunha axenda programática que procurará transcender o expositivo para xerar propostas que sirvan de impulso para as iniciativas e proxectos colectivos que alí se xesten.
Quen pode participar
Poden participar as librarías e editoras de Galicia ainda que terán prioridade as de Santiago de Compostela.
Como participar
Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 21 de abril e o 2 de maio de 2017.
Condicións de participación
A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.
Fondos expostos
- É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar as redundancias.
- A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.
Editoras
As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.
Librarías
- As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego.
- As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.
Programación
As editoras e librarías participantes poderán, de maneira voluntaria, propor actividades (presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións, etc) para a elaboración da programación xeral da SELIC, que en ningún caso recibirán retribución algunha por parte do Concello de Santiago de Compostela. A responsabilidade da celebración da actividade e da súa execución correrá a cargo de quen a propón, limitándose o Concello de Santiago a disponibilizar o lugar de celebración coas condicións infraestruturais que sexan precisas.
Espazos
A SELIC contará con espazos diferenciados para desenvolver as seguintes actividades: exposición de libros, presentacións, grupos de traballo e actividades infantís.
As entidades participantes contarán cun espazo individual de exposición dentro dun espazo maior compartido con outras duas ou tres entidades que permita a coordinación para a atención ao público.
Actividades
Haberá cinco tipos de actividades principais:
- Grupos de traballo
- Presentacións
- Actividades infantís
- Obradoiros e rutas
- Sesións musicais
As entidades participantes poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago quen elabore a axenda final en función das actividades propostas e da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.
Horarios
- Venres 2 de xuño: de 16:00 a 22:00 h.
- Sábado 3 e domingo 4 de xuño: de 11:00 a 23:00 h.
- Luns 5 a xoves 8 de xuño: de 16:00 a 22:00 h.
- Venres 9 e sábado 10 de xuño: de 11:00 a 23:00 h.
- Domingo 11 de xuño: de 11:00 a 21:00 h.
21/03/2017
30/05/2017
02/06/2017
03/06/2017
04/06/2017
05/06/2017
06/06/2017
07/06/2017
08/06/2017
09/06/2017
10/06/2017
11/06/2017
Narrativa, infantil xuvenil, comics, poesia, teatro.....Fondos de Positivas, Xerais, Galaxia, Hércules, Kalandraka, Urco , Oqo, Alvarellos, Nova Galicia, Sotelo Blanco, Apiario , Chan da Pólvora, USC...
Enderezo Electrónico
Poesía, fotografía, novela, deportes e manual teórico militar. Estatutos de autonomía, Libro das abandonadas, Constituciones españolas, Noites en Compostela, Santiago meu amor, La leyenda del santo culto, Santiago branco e negro, Memorias dun tempo, La berenguela, Galicia olímpica, Olvidando el pasado, A arte da guerra, 800 instantáneas, Bágoas na brétema…
Enderezo electrónico
Urco Editora está especializada na publicación literatura fantástica, de ciencia ficción e de terror. Ben sexa a través de obras senlleiras da literatura universal traducidas á nosa lingua ou ben con obras galegas para lectorado de todas as idades.
Alén das coleccións Tradución, Alcaián, Xuvenil e infantil nas que edita estes xéneros, Urco Editora acolle a colección Mulleres Bravas da nosa historia, libros para crianzas sobre mulleres galegas contadas sempre desde unha perspectiva de xénero.