Paseo dramático polos escenarios teatrais de Compostela. Roi Vidal

Data: 
sábado, 10 Outubro, 2020
Hora Inicio: 
12 h.
Hora Fin: 
13 h.
Lugar: 
Praza da Quintana

Paseo guiado: Compoescenas. Paseo dramático polos escenarios teatrais de Compostela. Roi Vidal.

Unha boa parte da historia do teatro galego máis recente decidiuse nalgún lugar de Compostela. Pasearemos a través dalgúns dos edificios e localizacións que acolleron estreas, asembleas, ensaios ou tertulias, desde os máis coñecidos e evidentes, como o Teatro Principal, ata os máis curiosos e esquecidos... Praza da Quintana, Cantigas e Agarimos, Salón Teatro, Teatro Principal, Casino, Instituto Xelmírez, Carreira do Conde, Sala Nasa, Sala Galán, Sala Iago, Sala Vidal Bolaño etc.

Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).