Paseo guiado: Compostela vermella. Arantza Portabales.
Data:
domingo, 18 Outubro, 2020
Hora Inicio:
12 h
Hora Fin:
13 h
Lugar:
Comisaría de Policía de Santiago de Compostela.
Partindo da Comisaría onde traballan Abad e Barroso, discorreremos polos escenarios de Beleza vermella. Os bares onde Santi e Ana toman café e comen, a casa de Santi Abad no Pombal. Así como os escenarios da nova novela que sairá nuns meses, que nos levará dende o Obradoiro á Ferradura, e á Biblioteca Ánxel Casal.
Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).