Paseo literario feminista por Santiago de Compostela: Verba manent con Andrea Nunes e Alba María
Paseo literario en chave feminista orbitando arredor da zona vella de Compostela co leitmotiv das obras de Begoña Caamaño, escritora e activista que estivo moi vinculada á cidade. A poeta Andrea Nunes Brións e a improvisadora oral Alba María serán as encargadas de guiarnos a través da historia das mulleres que, en moitos casos silenciadas, foron as que construíron as rúas da memoria de Santiago de Compostela: bibliotecarias, escritoras, activistas...
Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).