Roteiro. Cinema(tógrafo)s de Compostela

Data: 
mércores, 15 Xuño, 2022
Hora Inicio: 
16:30h
Lugar: 
R/ Algalia de Abaixo, 24

Paseo guiado por MAOS Innovación Social.

Percorrido pola historia das salas de proxección en Compostela, da primeira exhibición do cinematógrafo ás actuais salas de reprodución dixital. A andaina concluirá na Praza do Toural, onde se presentará o Mapa de Cinema(tógrafo)s de Compostela (Concello de Santiago de Compostela), que se repartirá entre as persoas asistentes.

A participación nos roteiros é libre e gratuíta, non é precisa inscrición previa. Limite de radioguías para as trinta primeiras persoas participantes, polo que cómpre acudir ao punto de encontro con marxe de tempo. Para o seu destes aparellos, recoméndase que cada persoa empregue os seus propios auriculares.