Semana do Libro de Compostela 2020, do 10 ao 18 de outubro

O Concello de Santiago de Compostela organiza a cuarta Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. A SELIC é unha semana de celebración arredor do libro, con actividades que invitan á participación de toda a familia. Por iso, mais aló das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro foméntanse actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas e talleres.

Quen pode participar

Poden participar as librarías, editoras, asociacións e proxectos ligados ao libro que teñan sede en Galicia. No caso das editoras e librarías terán prioridade as de Santiago de Compostela e a súa comarca.

Como participar

Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 15 e o 31 de marzo de 2020.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar, na medida do posible, as redundancias.

A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego. As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Espazos e tempos de participación

As entidades participantes poderán contar cun espazo individual de exposición ou compartido, se así o solicitan, que estará agrupado con outros tres para permitir a coordinación para a atención ao público. A participación poderá ser limitada no tempo a un ou varios días segundo o solicitado. Habilitarase un espazo ‘efémero’ para a presentanción de proxectos dun único día de duración.

Programación e actividades

As entidades e persoas que o desexen poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago, previa avaliación do grupo de traballo, quen elabore a axenda final en función da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

  • Sábado, domingo e luns: de 11:00 a 14:00 h. | 17:00 a 21:00
  • Martes a venres: de 17:00 a 21:00 h.

10/10/2020

11/10/2020

12/10/2020

13/10/2020

14/10/2020

15/10/2020

16/10/2020

17/10/2020

18/10/2020

ACENTRAL FOLQUE / EDITORIAL NOENTE PARADISE

Libros e discos sobre PATRIMONIO MUSICAL GALEGO e creadores musicais galegos contemporáneos.

Correo electrónico

almuinha@folque.com

ALVARELLOS EDITORA

Fondo propio cunha selección de 70 títulos do noso catálogo. Novidades e clásicos. Ensaio, fotografía, guías, poesía... Un apartado especial para libros sobre Compostela e presentación da nova Colección Verdemar de literatura infantil e xuvenil.

Enderezo electrónico

correo@alvarellos.info

EDICIÓNS POSITIVAS

Fondo editorial de EDICIÓNS POSITIVAS (Poesía, narrativa e ensaio). Son os chamados libros “positivos”, que teñen o seu aquel.

Enderezo electrónico

edicionspositivas@gmail.com

positivas@ediciosnpositvas.com

Editorial Cuarto de Inverno

Cuarto de Inverno é unha editorial independente con sede na Galiza, mais os seus libros son libres de voar aló onde queiran. Publicamos libros porque gostamos deles, mais tamén axudamos a escribilos, a corrixilos, a deseñalos,... Gústannos novidosos e arriscados, riquiños e coidados, afoutos e combativos e na súa totalidade: desde a portada até as gardas, desde o código de barras até o colofón. Os libros que editamos implican unha actitude e un posicionamento vital; un xeito, o noso, de ver o mundo e de estarmos nel.

EDITORIAL HUGIN E MUNIN

Editorial especializada na publicación de narrativa en tradución ao galego. Fondos propios: preto de 60 títulos de literatura estranxeira traducida ao galego

Correo electrónico

INFO@HUGINEMUNIN.COM

ALEJANDRO.TOBAR.SALAZAR@GMAIL.COM

HÉRCULES DE EDICIONES

Hércules de Ediciones é a principal das tres empresas editoriais e unha fundación cultural que conforman o Grupo Hércules Global. A empresa nace na Coruña en 1985 coa pretensión de impulsar a cultura galega a través de grandes obras de divulgación desde o rigor e a calidade. Xa en pleno século XXI, Hércules emprende novos retos e expande o seu radio de acción a través de dúas vertentes editoriais: por un lado, o “libro-obxecto” de gran formato, cunha esmerada parte gráfica e coidadísimas edicións. Por otro, a edición de libros de temas de actualidade e literatura infantil e xuvenil.
Coleccións: Novas lecturas de Hércules, Unidades Didácticas das Letras Galegas, Sen Fronteiras, Narrativa, Infantil-Xuvenil, etc…

Correo electrónico

sandra@herculesediciones.es

MARÍA MEIJIDE FRAGA

María Meijide, artista plástica especializada en diarios gráficos e cartografías emocionais. As súas publicacións transitan do proceso pictórico a unha noción de texto. Son autoedicións moi coidadas, diarios en forma de caderno de viaxe, de corte facsimil e con un deseño que resalta o aspecto manufacturado do libro.

A súa temática aboga por una pulsión viva e colorista, de rastro autobiográfico. Trátase dunha narrativa cromática e emocional.

A filosofía que defende o seu statement é afín ao Do it yourself: arte contemporáneo inserido nunha economía real, que atopa na autoedición e nas feiras unha alternativa aos espazos mais restrinxidos do contexto expositivo contemporáneo institucional ou de galería. 

Publicacións:

DE USHUAIA A LA QUIACA, DE KUALA LUMPUR A BEIJING, MAPA EMOCIONAL DE COMPOSTELA, LIBROS DE ARTISTA ORIXINAIS, SERIGRAFÍAS, etc

Correo electrónico

soymariameijide@gmail.com

Webs

https://www.instagram.com/lameiji/

MARIANO CASAS

Son debuxante de cómics, artista plástico e ilustrador, o meu traballo máis recente son os tres libros "Santiago Para Picheleiros", guías de Compostela feitas para composteláns, libros ilustrados con descricións de lugares simbólicos que o son para os picheleiros de nacemento ou adopción que vivimos nesta cidade. O último libro, editado fai moi pouco, recolle unha sección chamada "Little Compostela", na que os debuxos céntranse no que durante o confinamento foi Santiago, como para case todos os picheleiros, o que hai entre as catro paredes da miña casa. Outra parte do libro, as Sete colinas de Compostela, céntrase no s debuxos feitos na "nova normalidade", feitos desde os outeiros e montes da cidade.


A maior parte do meu traballo é autoeditado, e fun unha especie de pioneiro (supoño), nisto que agora se chama crowdfunding.


Páxina web: elestudiodemariano.blogspot.com  Tamén pode seguirse máis puntualmente o meu traballo na miña conta de instagram @marianocasasgil


Contacto: mcasasgil@gmail.com