Semana do Libro de Compostela 2018
Praza da Quintana, do 1 ao 10 de xuño

O Concello de Santiago de Compostela organiza a Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Durante a primeira semana de xuño unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector, que así o soliciten, xunto cunha axenda programática que procurará transcender o expositivo para xerar propostas que sirvan de impulso para as iniciativas e proxectos colectivos que alí se xesten.

Quen pode participar

Poden participar as librarías e editoras de Galicia ainda que terán prioridade as de Santiago de Compostela.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

  • É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar as redundancias.
  • A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

  • As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego.
  • As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Programación

As editoras e librarías participantes poderán, de maneira voluntaria, propor actividades (presentacións, obradoiros, grupos de traballo, expocións, etc) para a elaboración da programación xeral da SELIC, que en ningún caso recibirán retribución algunha por parte do Concello de Santiago de Compostela. A responsabilidade da celebración da actividade e da súa execución correrá a cargo de quen a propón, limitándose o Concello de Santiago a dispoñibilizar o lugar de celebración coas condicións infraestruturais que sexan precisas.

Espazos

A SELIC contará con espazos diferenciados para desenvolver as seguintes actividades: exposición de libros, presentacións, grupos de traballo e actividades infantís.

As entidades participantes contarán cun espazo individual de exposición dentro dun espazo maior compartido con outras duas ou tres entidades que permita a coordinación para a atención ao público.

Actividades

Haberá cinco tipos de actividades principais:

  • Grupos de traballo.
  • Presentacións.
  • Actividades infantís.
  • Obradoiros e rutas.
  • Sesións musicais.

As entidades participantes poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago quen elabore a axenda final en función das actividades propostas e da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

Os horarios de apertura serán os seguintes:

  • VENRES 1: de 17 a 21 h.
  • SÁBADO 2: de 11 a 21 h.
  • DOMINGO 3: de 11 a 21 h.
  • LUNS 4: de 17 a 21 h.
  • MARTES 5: de 17 a 21 h.
  • MÉRCORES 6: de 17 a 21 h.
  • XOVES 7: de 17 a 21 h.
  • VENRES 8: de 17 a 21 h.
  • SÁBADO 9: de 11 a 21 h.
  • DOMINGO 10: de 11 a 21 h.

OFF SELIC

Unha vez a carpa peche as súas portas celebraremos o venres 1, sábado 2, venres 8 e sábado 9 un espectáculo cada día na propia Praza aproveitando a carpa como fondo e as escaleiras da Quintana como auditorio natural. Será ás 21.30 h.

xoves, 31 de Maio de 2018

venres, 01 de Xuño de 2018

sábado, 02 de Xuño de 2018

domingo, 03 de Xuño de 2018

luns, 04 de Xuño de 2018

martes, 05 de Xuño de 2018

mércores, 06 de Xuño de 2018

xoves, 07 de Xuño de 2018

venres, 08 de Xuño de 2018

sábado, 09 de Xuño de 2018

domingo, 10 de Xuño de 2018