Semana do Libro de Compostela 2020, do 10 ao 18 de outubro

O Concello de Santiago de Compostela organiza a cuarta Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. A SELIC é unha semana de celebración arredor do libro, con actividades que invitan á participación de toda a familia. Por iso, mais aló das presentacións e firmas de exemplares, na Semana do Libro foméntanse actividades paralelas como visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas e talleres.

Quen pode participar

Poden participar as librarías, editoras, asociacións e proxectos ligados ao libro que teñan sede en Galicia. No caso das editoras e librarías terán prioridade as de Santiago de Compostela e a súa comarca.

Como participar

Deberase enviar formulario de solicitude de participación ao correo electrónico proxectoscultura@santiagodecompostela.gal entre o 15 e o 31 de marzo de 2020.

Condicións de participación

A participación é gratuita. As editoras e librarías de Santiago de Compostela poderán realizar venda de libros ao público. As editoras de fóra de Santiago deberán facer a venda a través dunha das librarías de Santiago presentes na SELIC.

Fondos expostos

É obxectivo fundamental da SELIC aportar a maior diversidade posible aos espazos expositivos bibliográficos polo que se solicitará dos participantes a súa definición na ficha de inscrición. No caso de coincidencias solicitarase das editoras e librarías a coordinación para evitar, na medida do posible, as redundancias.

A temática dos fondos expostos será o principal criterio para a selección das entidades participantes xunto coa procedencia.

Editoras

As editoras deberanse limitar a expor os seus propios fondos ou aqueles procedentes de fóra do ámbito galego que garden especial relación coa súa liña editorial.

Librarías

As librarías non especializadas deberán expor como mínimo un 50% de libro galego. As librarías especializadas están exentas do mínimo de libro galego.

Espazos e tempos de participación

As entidades participantes poderán contar cun espazo individual de exposición ou compartido, se así o solicitan, que estará agrupado con outros tres para permitir a coordinación para a atención ao público. A participación poderá ser limitada no tempo a un ou varios días segundo o solicitado. Habilitarase un espazo ‘efémero’ para a presentanción de proxectos dun único día de duración.

Programación e actividades

As entidades e persoas que o desexen poderán propor as actividades que estimen pertinentes e será o Concello de Santiago, previa avaliación do grupo de traballo, quen elabore a axenda final en función da disponibilidade espacial e temporal para a súa celebración.

Horarios

  • Sábado, domingo e luns: de 11:00 a 14:00 h. | 17:00 a 21:00
  • Martes a venres: de 17:00 a 21:00 h.

10/10/2020

11/10/2020

12/10/2020

13/10/2020

14/10/2020

15/10/2020

16/10/2020

17/10/2020

18/10/2020

LIBRARÍA AENEA

Libraría especializada en benestar e saúde: terapias naturais, alimentación, horta ecolóxica, filosofía e pensamento, temas sociais, etc. Literatura tódalas idades.
A temática especialidade da libraría está representada por distintas editoriais: Fertilidad de la tierra (horta ecolóxica, asociación de cultivos, etc.); Océano Ámbar (terapias naturais, cosmética natural, alimentación); Urano (benestar en xeral e alimentación); Liebre de marzo (psicoloxía e benestar corporal); Trotta / Axóuxere / Milenium (filosofía e pensamento); Umoya (temas sociais / pensamento); RBA / Integral (Alimentación, reflexoloxía). O noso fondo inclúe tamén literatura infantil e xuvenil, novela e álbum ilustrado pertencentes a editoriais como Barbara Fiore, Pastel de Luna, Juventud, FCE, Media Vaca, Kalandraka, Oqo, Fulgencio Pimentel, Barafunda, Palabras Aladas, etc.).

Correo electrónico

aenea@aenea.es

Teléfono de contacto

981 57 25 67

LIBRARÍA LILA DE LILITH

Libraría especializada en literatura feminista, coeducativa e lgtb. Propoñemos bibliografía de mulleres autoras en narrativa, poesía, infantil, banda deseñada, e ensaio desde a perspectiva de xénero.

Correo electrónico

liladelilith@gmail.com

LIBRARÍA PEDREIRA

Libraría con fondos de Narrativa, infantil xuvenil, comics, poesia, teatro.....Fondos de Positivas, xerais, galaxia, hercules, kalandraka, urco , oqo, alvarellos, nova galicia, sotelo blanco, apiario , chan da polvora, usc.......... 

Correo electrónico

libraria@librariapedreira.com

OS MUNDOS DE CARLOTA

Un espazo cultural cheo de mundos e historias para todos os públicos.
Contamos cun espazo polivalente onde facemos dende presentacións ata cursos de costura creativa, obradoiros variados, charlas, …

Enderezo electrónico

osmundosdecarlota@gmail.com

Webs

www.facebook.com/mundosdecarlota/

www.instagram.com/osmundosdecarlota/?hl=es